Recomendacións dende a aula de audición e linguaxe

Ola a todos e a todas:
Son Chus e teño moitas, moitas ganas de brincar, rir, contar contos e... de darvos unha gran aperta. Pero mellor #quedar na casa.
Pois, para facer amena a espera, deixo (non só para os e as nenas que coñecen a aula de audición e linguaxe) unhas propostas para este período de confinamento:
A primeira delas, é un xogo para os primeiros lectores e lectoras. Preme na imaxe e pasa un anaco entretido!!!!
 Actividades lectoescritura
A segunda, está dirixida aos pais e as nais, son uns consellos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe oral na casa. Algún poñeremos en práctica. 

E xa para rematar, MANS Á OBRA... animádevos cuns enredos para practicar o sopro.   
Continuarei publicando máis cousiñas... pero sen agobios que xa vexo que os/as titoras e os/as especialistas vos manteñen en activo. Coidádevos!!! Deica a próxima.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana