INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS AXUDAS DO COMEDOR ESCOLAR

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.
CORONAVIRUS: COVID-19
  

Estimadas familias,
O centro informa a través dos documentos adxuntos (orde de comedores e circular do centro) de información importante en canto ás axudas do servizo de comedor. Por unha banda adxuntamos a ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar e por outra unha circular informativa por parte do centro na que explicamos o proceso de solicitude da axuda.
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.  
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. É dicir, axúdase economicamente a manutención do/a alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.  
Prazo e formato da presentación da solicitude:
  • Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
  • Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
                1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,                https://sede.xunta.gal é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
                2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a
                ceip.ponte.porto@edu.xunta.es cos datos que se recollen na circular adxunta.

En A Ponte do Porto, a 30 de marzo de 2020 
A dirección do centro. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana