Entradas

Mostrando entradas de 2009

Samaín '09

Imagen
Ola de novo a todos e todas! Estamos moi contentos, porque coa vosa colaboración este blogue está a ser un éxito! Despois de revisar a enquisa, a cor gañadora é a que xa vedes aquí, esperamos que vos guste, moitas grazas por participar. Querémosvos contar que a última semana de outubro celebramos no cole o Samaín (e na aula de inglés o "Halloween"). Para iso todos colaboramos con debuxos e cabazas de medo. Despois desfrutamos dun anaco divertido na famosa "aula do medo", ao principio algúns asustámonos un pouco, pero logo de cantar e comer caramelos pasóusenos o susto. Estes son algúns dos "terroríficos" debuxos que fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º, que medo!

Benvidos!!

Ola, ola!! Somos o Colexio Ponte do Porto. Con este recén nado blogue querémosvos facer partícipes das actividades e celebracións do noso cole. Para isto gustaríanos que TODOS (nenas e nenos, papás e mamás, profes e "profas", veciños e amigos,etc.) colaborásedes aportando ideas, comentarios, cotilleos...e todo aquilo que desexedes compartir connosco. Nós, dende aquí, iremos amosando tódalas novidades da escola para que non vos perdades detalle do que acontece. Queremos construir este blogue entre todos, así que para comezar: De que cor vos gustaría que fose o Blogue do cole?? Votade a opción que máis vos guste na primeira enquisa do noso blogue. Esperamos as vosas suxerencias!! Unha aperta, O CEIP Ponte do Porto