MAGOSTO 2010















Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estas fotos do magosto 2010
Comezamos cun chisco de xogos populares (bolas, corda, balón prisioneiro, o pano...) e rematamos cunha boa castañada para repoñer forzas.
Animamosvos a que comentedes todas aquelas anécdotas que vos aconteceron durante esta xornada de festa rachada.
Un saúdo para tod@s e viva o San Martiño!


















O TRIMESTRE DOS XOGOS POPULARES

Como ben sabedes, no noso cole estamos no "Trimestre dos Xogos Populares", e todos os nenos fixemos un traballo de investigación e recopilación preguntando os nosos avós, pais e veciños, a que xogaban cando eran pequenos, para nós poder levalos a práctica nos nosos tempos de lecer.

Así, cada alumn@ levamos para a nosa casa unha ficha e preguntándolles aos maiores, cubrímola co xogo que máis nos gustou. Despois, na nosa clase e cos nosos profes xuntámolos todos, eliximos uns poucos e elaboramos un mural no que explicamos estes xogos e os acompañamos cunha ilustración.

Velaquí o mural final cos nosos xogos:


E agora vexamos o mural de cada curso cos seus xogos:

Educación Infantil: aula de 3 e 4 anos e aula de 5 anos

Xogos no espazo: O Dragón e a Varita Máxica


2º curso de Educación Primaria
Xogos no espazo: Balón Prisioneiro


3º curso de Educación Primaria
Xogos no chan: A Mariola

4º B de Educación Primaria

Xogos de Chapas:

O Lanzachapas, O Tres en raia, O Chapatazas e as Carreiras de chapas.



5º A de Educación Primaria

Xogos de Goma: Chicle máis chicle


6º de Educación Primaria

Xogos das bólas: A Saca, O Camiño das bólas e As Bólas