Semana da poesía





SEMANA DA POESÍA

Que palabras tan fermosas! Como chegan ao corazón! En barco ou en bolboreta, polo ceo ou polo mar, veñen coa primavera miles de palabras cheas de sentimento que nos enchen de felicidade.

Seguro que aínda quedan algunhas por escribir,por dicir, por pintar... Pero, que mellor ca unha poesía para que nos emocionen?

Aquí tendes algunhas páxinas e blogues que vos poden axudar a coñecer poesía:







O recuncho de Xiana





Ola lectores e lectoras!

Quero contar algo que ocurriu no noso cole o pasado luns, 28 de marzo. Alá a tardiña, na aula que está ao lado da biblioteca, escoitei falas e ata aplausos. Así que, deixei a miña sesta para outro momento, e fun ver o que pasaba. E alí estaba o autor e ilustrador dos libros A pedra e as formigas e Mil cousas poden pasar. Estaba a contar cousas dos seus libros e contestou a moitas preguntas dos rapaces de 3º, 4º e 5º. Era Jacobo Fernández.

Todos quedaron pampos cando se puxo a debuxar. Que ben! Aínda que dixo que para facer eses debuxos e escribir historias marabillosas... hai que traballar moito e adicarlle tempo.

Ánimo e practicade moito, quen sabe se entre vós hai un futuro escritor ou ilustrador!

Sabedes que? Dixo que lle tiña alerxia aos gatos. Menos mal que non me viu!