Xa chegou o entroido!!!!!!!

O pasado venres 4 de marzo, no Ceip Ponte do Porto celebramos o noso particular entroido. Este ano foi adicado ás culturas do mundo. Educación Infantil transformouse nuns simpáticos africanos, o 1º ciclo viaxou ata México para darnos a coñecer a súa cultura. O 2º ciclo mostrounos a milenaria cultura grega e o 3º ciclo trasladáronnos á enigmática cultura china.
Como en cursos anteriores, o meco foi dándonos pistas ao longo da semana para irnos preparando para un entroido de excepción...E como non podía ser menos o último día asistimos todos á súa queima no cole.
Igualmente non podiamos esquecer un ano máis o marabilloso concurso gastronómico dos doces de entroido. Recoñecendo o premio á clase máis participativa, ao mellor postre e ao máis orixinal.
Quedounos a todos un bo sabor de boca que esperamos mellorar na medida do posible o vindeiro ano. Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes do ben que o pasamos ese día: