Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola amigos e amigas lectores ! Estou un chisco sorprendida. Sabedes o por que? Está ben claro : Hai un rato na biblioteca? Sabedes de quen se trata? Claro ! Non é outro que Gerónimo Stilton ! As súas aventuras están tendo moito éxito entre os e as lectores de cuarto e quinto. Non tedes gañas de coñecelo? Aí van outros títulos que están tamén entre as vosas recomendacións: -. A colección de Kika Superbruja -. A colección de Juni B. Jones -. Os Bolechas ( todos, todos, todos os títulos) -. O coelliño branco -. Mi hermana Clara -. .... -. A toupiña que quería... Alguén sabe como continúa este título? Sabedes que é un dos libros máis lidos da biblioteca? Agardo as vosas respostas . MI
Imagen
Ola a tod@s ! Lembrades que o venres 29 de xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz e a Non Violencia? Pois para aqueles que xa o tiñan esquecido..., aquí estamos os nenos e nenas de 3º para refrescarvos a memoria a golpe de foto. Que pomba tan orixinal foi a que fixemos!!! A súa plumaxe está feita con papel de cores con forma de man. Todos eles cheíños de mensaxes de solidariedade, paz, amor, bos desexos,... Que máis fixemos ese día? Pos, bailamos ao son da canción VIVA LA VIDA cunha coreografía moi chula que nos ensinou a profe Yolanda. Despois, gustounos tanto a pomba que decidimos sacar unha foto xunto a ela. VELAQUÍ ESTAMOS Os e as cativas de Educación Infantil... Como non 1º... Non podía faltar 2º.... Tampouco 3º... Aquí vemos os e as nenas de 4º... Os maiores tamén se prestaron... Que riquíños, 5º e 6º!!!!! Agora, podemos ver a pomba tódolos días cando subimos ás aulas xa que os mestres e mestras colocárona no mural das escaleiras. Así, podemos lembrar que o Dí

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imagen
As postais gañadoras do Nadal foron: PREMIO ESPECIAL PARA INFANTIL 3/4 ANOS: PREMIO ESPECIAL PARA INFANTIL 5 ANOS. 1º CICLO: AINOHA DE SEGUNDO. 2º CICLO: NEREA DE CUARTO A. 3º CICLO: FATIMA DE SEXTO. PREMIO ESPECIAL DO LEMA DE NADAL: DANI DE SEXTO. E A VÓS: CAL FOI A QUE MÁIS VOS GUSTOU?

O NADAL

Imagen
Ola de novo! No Nadal pasámolo xenial co noso festival. Dramatizamos, cantamos e tocamos panxoliñas para achegar a todo o mundo a festividade que estabamos a piques de celebrar. Tivemos dende ANXIÑOS (Infantil) ata RAÍÑAS MAGAS (4º) pasando polas OFRENDAS (1º), os nosos PEQUENOS MÚSICOS (5º e 6º), os CHAMATIVOS PASTORES (2º) e o noso CEO PARTICULAR: A LÚA e AS ESTRELAS (3º). Ó final fixémolo tan ben, que veu Papá Noel cargado de agasallos e rematamos cunha divertida festa organizada pola ANPA onde nos maquillamos, tatuamos, pescamos... que ben o pasamos!!
Imagen
Ola amigos e amigas lectores! Estou moi contenta e miaño de alegría. Seguro que deste xeito estarei aínda máis preto de vos; pero ... non deixedes de vir pola Biblio... Hai novidades!!! E dende aquí, quero faceros unha proposta: Que tal se recomendades un libro? Ánimo, espero as vosas suxestións( de TODOS e TODAS) e logo podemos facer unha lista dos libros máis ... lidos, interesantes, recomendados... Como podería chamarse esta lista ? Veña! Algunha idea? XIANA