O FLAUTISTA DE HAMELÍN




OS NENOS E NENAS DE INFANTIL O LUNS 28 DE NOVEMBRO FOMOS A VER UNHA OBRA DE TEATRO A SANTIAGO TITULADA O " FLAUTISTA DE HAMELÍN".


QUE BEN O PASAMOSSSSSSSSSSS!


O trimestre das Pedras...galegas!

Ola rapaces:

Como xa prometemos fai uns días, velaquí tedes algunha fotos dos traballos de investigación que realizaron os nenos de 4º sobre os cruceiros do noso entorno.

Son fermosísimos, non si?

Os rapaces de 5º se centraron en investigar os cabazos da zona, dende logo hai moitísimos!

Os de sexto, como son os maiores, se centraron en recopilar información precisa do uso da pedra para facer monumentos e expresións arquitectónicas representativas de Galicia na Antigüedade e no noso tempo.


Que beleza de monumentos!

Xa podemos sentirnos ben orgullosos do que temos pola nosa terriña, non pensades?


Deica loguiño!










































O Trimestre das Pedras




Ola amiguiños:

Entre o Samaín e o Magosto case nos esquecemos de subir ó blogue os traballos que fixéchedes neste trimestre, relacionados co Megalitismo e expresións arquitectónicas da nosa terra.

Chamámolo "O Trimestre das Pedras" e gracias ó voso traballo de investigación aprendéchedes moitas cousas relacionadas co uso da Pedra na Antigüedade e nos nosos días en Galicia.

Velaquí unhas fotiñas co voso traballo.

Deica logo!








































































Neste" Trimestre das Pedras" algúns cursos están a traballar sobre manifestacións arquitectónicas propias de Galicia, coma o cabazo, o muíño de auga, os batáns, o cruceiro...

Estade atentos ó blogue porque nos vindeiros días subiremos exemplos arquitectónicos do noso entorno que os nenos descubriron e estudaron coa a colaboración das súas familias e veciños.

Polo de agora aqui tedes un adelanto...

Até loguiño!






Festa do Magosto no cole



Ola nen@s:

Os profes agardamos que o pasárades moi ben no festival do Magosto que celebramos esta tarde no cole.

As "chesnuts" estaban moi ricas e os portacastañas funcionaron moi ben, xa que case non se veían pelas polo chan; quedou todo moi limpo chicos, gracias pola vosa colaboración!

E que vos pareceu o circuito de xogos? Coido que estivo moi moi divertido, non si? Que xogo vos pareceu o máis divertido?
Xa nos contaredes a través do blogue, agardamos a vosa resposta!

Que pasedes unha boa fin de semana e...a xantar castañas!





De esquerda a dereita: Gaby, Suso, Sara, David, Xoel e Sara. Que ben se portaron os nenos de Infantil!






Velaquí Serxio, Pablo e Raúl. Que aproveite nenos!



Que coroas tan fermosas levaban estos pequerrechos! Por certo: Que estará a ollar Xaquín?



Aqui temos a algúns nenos de 4º facendo cola para coller castañas e zume.



Adrián, Raúl, Javi e Manu o pasaron en grande! Smile please!





Algúns nenos de 3º se acomodaron...enriba dunhas rodas!


Os peques de 3 e 4 anos xantaron moitas castañas. Bo proveito!



Aqui temos a Pablo e Adrián, de 2º curso, pedindo castañas ó profe Suso.





Tamén houbo zume de pexego para beber!
Ollade a Saray e Hugo, moi rico tiña que estar!


Os nenos de Infantil levaban postas unha coroas de castañas moi bonitiñas! As fixeron eles na clase, que artistas!


Velaquí algúns alumnos de 1º de Primaria.


Ollade o que fai este neno. Sabedes a que está xogando?



Si, trátase do xogo das chapas! Foi un dos xogos con máis éxito na festa do Magosto


Que ben o pasamos todos!