ALUMNADO CEIP PLURILINGÜE PONTE DO PORTO


RECOMENDACIÓNS E PROPOSTAS ALTERNATIVAS PARA TODOS OS CURSOS


  1. ORGANÍZATE. (Todo pasa máis rápido se temos algo que facer de forma ordeada. No horario ten que haber tempo para axudar na casa, para estudiar e aprender, para facer exercicio e para xogar).
  1. LEVÁNTATE. (Sigue coa mesma rutina. De luns a venres como se foras a clase).
  1. FAI EXERCICIO. (Reserva un tempo cada día para facer exercicio na casa, algún xogo con globos, por exemplo).
  1. APRENDIZAXE. (Aproveita o tempo para estudiar e aprender. Todos os días, ten que haber un tempo suficiente para facer as tarefas que mandaron os profesores, para estudiar e repasar. E todas as materias, non so dalgunhas).
  1. AXUDA AOS DEMAIS, especialmente na casa. A situación non é fácil para ninguén . Hai que ser activos nas tarefas da casa (facer a cama, poñer a mesa ou axudar a facer un biscoito). A actitude positiva e de axuda é o mellor que podemos ofrecer os demais.


                  PROPOSTA DE ACTIVIDADES ALTERNATIVAS:

    www.ceiploreto.es (web para educación infantil e primaria, dividida por materias e niveis, con lecturas para traballar a comprensión, dictados interactivos, problemas,...)

  www.rtve.es/educlan/ (ferramenta educativa para as familias, conta con 3 canales: de 3 a 5anos, de 6 a 8 e de 9 a 10 asanos para traballar lengua, ciencias sociais e naturais, lóxica e matemáticas, artística e idiomas).

 http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ (“Jueduland”), páxina web de xogos educativos interactivos






QUEDÁMONOS NA CASA. É A NOSA RESPONSABILIDADE.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana