PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS E LEMA DE NADAL



























As mellores postais recibiron un premio. Os gañadores foron:

Educación Infantil, polas súas estupendas postais.

1º Ciclo: Adrián Parga de 1º de Primaria.

2º Ciclo: Nuria Pose Suárez de 3º de Primaria.

3º Ciclo: Javier Baña de 6º de Primaria.

Premio ó mellor lema de Nadal para Paula Pérez de 4º A: " Cando comas as uvas que non che entren dúbidas, pide os desexos de corazón e atoparás a solución".

FESTIVAL DE NADAL 2010



















Os nenos/as da Ponte celebraron xuntos o festival do Nadal. Comezaron os pequeniños do cole, que andaban á procura dunha estrela. Cando a atoparon, sairon os gnomos de 1º a buscar unha árbore. Cos reis e raíñas de 2º disfrutamos dunha espectacular coreografía e cos nenos/as de 3º cantamos e bailamos unha divertidísima e movidísima panxoliña.
Logo chegaron os "sudamericanos" de 4º co seu "Burriño sabanero" e os de 5º, que nos deixaron abraiados tocando "Campaíñas do lugar".
E para rematar, os maiores do cole cantaron e bailaron "Metidos nun ovo".