Alumnado 3º EP


Alumnas e alumnas de 3º
 Ola a todas e todos!!
Aquí vos deixo un xogo para facer con mamá ou alguén que axude e logo xogar con papá ( tamén coas irmás,cos irmáns, coa avoa...). Seguro que ides ter moito tempo!
Ademais do xogo, podedes escribir unha carta decíndolle todo o que vos gusta facer con el ou o que vos gustaría.

TRES EN RAIA  PARA O DÍA DO PAI

Propoñemos crear un agasallo orixinal,
económico e divertido: o xogo de tres en
raia elaborado con chapas.
Materiais:
• oito chapas de botello (ou tapóns de
botellas)
• tres cores de pintura acrílica (marrón,
azul e branca)
• bolsiña de tea pequena ou unha cartolina, cartón.
• pinceis, regra e rotulador
Elaboración:
1. Coloreamos catro chapas de botello
con pintura acrílica marrón e outras catro
pintámolas de cor azul; despois, deixamos
tempo para que sequen.
2. Debuxamos con pintura acrílica branca
un símbolo nas chapas para diferenciar
cada xogador ou xogadora e, de novo,
deixamos secar. Os símbolos poden ser
desde obxectos que lembran o pai ata as
letras P e A para que formen a palabra
cariñosa papá.
3. Trazamos, coa axuda dunha regra, o
taboleiro do tres en raia sobre a bolsiña
de tea.
Escribimos debaixo a nosa mensaxe e…
xa temos unha divertida sorpresa para
xogar co noso pai!

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana