O Outono xa chegou!

O Outono xa chegou ás aulas do noso cole!

Velaiquí o traballo realizado polos nenos e nenas de Infantil e de 1º de Primaria.
Decoraron as portas con follas, árbores, cogumelos... ¿A que están moi bonitiñas?


Comezamos o curso 2011-2012!

Queridos nenos e nenas, os profes do cole de Ponte do Porto queremos desexarvos un fántastico comenzo de curso neste mes de Setembro.

Aproveitamos para avisarvos de que a través do blogue, seguiremos a informar sobre todo o relativo á vida educativa do centro no curso 2011-2012.

Como imos "subir" ó blogue moitos dos vosos traballos e mesmo actuacións nas que ides participar, poderedes amosar á vosa familia e amigos o ben que o pasades no cole traballando e xogando !

Bo Comenzo do curso!