Ola, ola!! Somos o Colexio Ponte do Porto. Con este recén nado blogue querémosvos facer partícipes das actividades e celebracións do noso cole. Para isto gustaríanos que TODOS (nenas e nenos, papás e mamás, profes e "profas", veciños e amigos,etc.) colaborásedes aportando ideas, comentarios, cotilleos...e todo aquilo que desexedes compartir connosco. Nós, dende aquí, iremos amosando tódalas novidades da escola para que non vos perdades detalle do que acontece. Queremos construir este blogue entre todos, así que para comezar: De que cor vos gustaría que fose o Blogue do cole?? Votade a opción que máis vos guste na primeira enquisa do noso blogue. Esperamos as vosas suxerencias!! Unha aperta, O CEIP Ponte do Porto
Outubro 2010 Desde o CEIP Ponte do Porto, dámosvos a benvida a un novo curso cheo de actividades que compartiremos, ao igual que o ano pasado, neste blogue. Empezaremos coa celebración do Samaín/Halloween. Esta foi a semana que tanto estábades esperando, a semana na que recibíchedes unha invitación para visitar a nosa famosa " Aula do Medo ", para a cal preparáchedes unha morea de adornos e de cabazas que metían medo. Querémosvos dar as grazas a todos pola vosa colaboración. Agora botade un ollo a estas imaxes nas que podedes lembrar o medo que pasamos, ou non? Non olvidedes deixarnos algún comentario. E se queredes pasar medo, atrevédevos a entrar nas seguintes páxinas: http://gatiosramndelasagra.blogspot.com/2010/10/puzle-samain.html http://www.halloween.com/ http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf http://www.happymeal.es/#/Jugamos http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/?q=node/134 http://gl.wikipedia.org/wiki/SamaÃn http://abcteach.com/directory/seas...
Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou. Os primeiros en desfilar, que veñen de cociñeiros, son os peques da escola porque son moi larpeiros. Aquí chegan os de 1º e 2º, veñen de mariñeiros son rapaces e rapazas moi salgados/as pero un pouco barulleiros. Se tedes unha avaría non dudedes en chamar os mecánicos de 3º que vola poden arranxar. Se precisades un retrato os pintores de 4º volo farán moi barato. Para limpar os regos os rapaces e rapazas de 5º somos os mellores labregos. Se queredes bo pan, os panadeiros de 6º axiña volo farán. As profes tamén se disfrazaron, velaquí vemos o ben que o pasaron. Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de ...
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!