MESAXE BENVIDA CURSO ACADÉMICO 2020/2021

 Estimadas familias,

o novo equipo directivo formado pola directora Bibiana Ortiz, o xefe de estudos Pablo López e a secretaria Mari Lema, así como todo o claustro queremos darvos a benvida ao novo curso académico 2020-2021.
Estando a piques de comezar este novo curso nunha situación excepcional non vivida ata o momento, dende o CEIP Plurilingüe Ponte do Porto queremos transmitirlles tranquilidade e informarlles que xa levamos tempo traballando para tratar de dar resposta á organización, prevención e medidas necesarias para dar comezo o curso escolar nas mellores condicións. 

Nas próximas xornadas, publicarase o calendario de reunións así como outra documentación de interese para a comunidade educativa en torno á adaptación da actividade ó novo escenario actual.

Lémbrase a importancia de que as familias descarguen a aplicación Abalar Móbil xa que xunto con esta páxina e a web do centro, serán os medios de información básicos que se empregarán. 

Poden tamén poñerse en contacto co centro a través do teléfono de contacto 881 880 316 ou a través do correo ceip.ponte.porto@edu.xunta.gal

Un saúdo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana