Lecturas para todos e todas

Moi boas a todos e a todas...
Estes días moitas editoriais ofrecen lecturas de balde. Unha delas é WEEBLE BOOKS. Xa vola recomendou a titora de 2º o xoves, 26 de marzo pero lembrámolo de novo porque é moi importante ler un pouquiño todos os días.
Permite ver os libros directamente, sen necesidade de descargar ningunha app. ANIMÁDEVOS E MERGULLÁDEVOS NA LECTURA!!!!
Ah, ah, ah, por certo... mañá é 2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil.
Se premes na imaxe, poderás percudar por qué se celebra este día.
Podes celebralo facendo cousas mil, pero de seguro que sería boa idea colaborar na proposta que nos ofrecen dende a Biblioteca Municipal do Concello dentro do seu proxecto "DESTRONAVIRUS"!!!!
Coidádevos moito, moito. Unha aperta virtual. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana