CHEGOU O ENTROIDO

Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou.




Os primeiros en desfilar,
que veñen de cociñeiros,
son os peques da escola
porque son moi larpeiros.







Aquí chegan os de 1º e 2º,
veñen de mariñeiros
son rapaces e rapazas moi salgados/as
pero un pouco barulleiros.


Se tedes unha avaría
non dudedes en chamar
os mecánicos de 3º
que vola poden arranxar.


Se precisades un retrato
os pintores de 4º
volo farán moi barato.


Para limpar os regos
os rapaces e rapazas de 5º
somos os mellores labregos.




Se queredes bo pan,
os panadeiros de 6º
axiña volo farán.


As profes tamén se disfrazaron,
velaquí vemos o ben que o pasaron.



Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de 4 anos que nos sorprendeu con Bob Esponja.

E por último o premio á orixinalidade para Xeila de 3ºB: un doce típico feito con filloas en forma de sevillana.


E vós que decides. Cal foi o disfraz que máis vos gustou? E o postre?

Comentarios

  1. Moi ricos os postres e os disfraces tamén estan moi chulos.

    ResponderEliminar
  2. As profes moi simpáticas, pero quería ver disfrazado o profe de D.Jesús.

    ResponderEliminar
  3. Ao ver tantas tartas na mesa dabanme ganas de comelas todas

    ResponderEliminar
  4. A nos gustounos ver o desfile foi
    alucinante¡

    ResponderEliminar
  5. Hola xiana nos encanta los libros de KIKA SUPER
    BRUJA

    ResponderEliminar
  6. Ola a todo o colexio de novo que ricos foron os doces porsuposto que bonitos e... pero tamen damoslle a razón a Lucas de 3ªA de ver a Don Xesús disfrazado.
    Grazas.

    ResponderEliminar
  7. Bueno eu tamen lle dou arazona a Lucas de 3a porque Don Xesús estaria ben disfrazado pero...Bueno.
    Por certo sei quen son as misteriosas son 2 de 4a non bos digo más.Gracias.

    ResponderEliminar
  8. antigua alumna:Paula13 de marzo de 2010, 12:52

    ola a todos!!!Todo segue igual de guai no noso colexio eh? seguide así e nunca cambiedes. Moitos bicos os profes e felicidades polo festival!!! Xa nos veremos.

    bicosssss: PAULA 3ªB ESO
    (MANUELA RIAL CEE)

    ResponderEliminar
  9. Ola de novo xa se acaba a fin de semana que rollo ai que volber as clases. Gustariame que fose veran xa pero non pode ser queria estar na praia.E vos??????????????????????????????

    Bicos e abrazos

    ResponderEliminar
  10. Doulle a razon a Lucas de 3ºA molaria ver a d. Xesus disfrazado estou atrasada pero... gustaronvos os postres eran moy chulos eeeeh
    amin gustoume a sevillana de Xeila de 3ºb a vos non?pero podia estar bob esponja de Angel de parvulitos os de 3º foi a clase mais parcipativa e os outos os de parvulitos 1º 2º 4º 5º 6º que non fan nada non levan os postres coma os outros porque non os levarian?preguntome vos nonvos preguntades nada non decides porque non levarian os outros os postres e raro verdade?as profes estaban moy guapas Ainhoa,Chus Couto , Catuxa e Yolanda unha pregunta de que iba disfrazada Ainhoa a profesora de ingles? de bruxa ou algo por estilo os de 2º os pescadeiros estaban moy chulos verdade os de 3º de mecanicos os de 4º de pintores teño que chamar os de 4º para q me pinten un cuadro e os de 2º que me traian un peixiño os de 3º que lle arreglen o coche de meu pai pero sin pagar os de 5º que me veñan plantar as pataquiñas e os de 6º q me fagan o pan ven varatiño menos de 1 $ 1 centimo estaria ben.Todos podiades actuar xuntos nonvos parece?




    EU MARCHO


    BICOS E APERTAS

    ResponderEliminar
  11. Foi divertido o do entroido parecia q nos os de 6º fixeramos aqueles doces.
    Tamén fui chulo ir disfrazado.
    Gustome moito e divertime.

    ResponderEliminar
  12. os traxes dos rapaces sonalucinantes

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana