CASTAÑAS EN XAROPE







Ola a todas e todos!.

Os alumnos de 5º con motivo do Magosto pensamos en facer unha receita relacionada con este, e aproveitando a inestimable axuda da profe Antonia ,que coñece moitas receitas con castañas, decidimos elaborar unhas conservas en xarope deste froito.

Descrición da receita:

1º.- Entrecocer un pouco as castañas e pelalas.
2º.- Elaboración do xarope:
• Fervemos 800 ml de auga con 400 g de azucre
3º.- Metemos as castañas nun bote de cristal e cubrímolo co xarope ata o borde e cerramos ben coa tapa.
4º.- Cocemos os botes a baño maría unhos 15 minutos.


Degustación: Deixamos repousar 2-3 meses para que colla o xarope e logo comémolas cando queiramos.

Comentarios

  1. Ola.Pa min as castañas estuberon moi ricas e tamén creo que lle gustaron a todos.Que rico!!!

    ResponderEliminar
  2. que rico estaban as castañas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana