Os alumnos de 5º deixamosvos aquí unhas recomendacións de libros e uns murais e debuxos feitos por nós. Ola. Son Aleix, de 5º E.P e quero recomendarvos o libro: ATLAS DE GRANDES CURIOSOS , da editorial SM. Este non é un atlas común, xa que como di o seu título ten moitas curiosidades como por exemplo: os países máis pequenos e os máis grandes de cada continente, e nos mapas de cada continente hai unhas láminas que inclúen o mapa político de cada continente e os seus monumentos máis grandes. En cada continente inclúe uns tests para saber canto coñeces de cada continente e as tradicións de cada un dos seus países, a parte das súas comidas e prendas de roupa típicas. A parte tamén vale como xogo para descubrir quen sabe máis do mundo, podes xogalo con amigos, familiares etc. Ola son Celia Brión Vecino , eu recomendo o libro de" Amigas en pijama "de Jacqueline Wilson, é moi entretido e fácil de ler.Un saúdo. LOS SECRETOS DE UNA MUSER Es un l...