Entradas

Imagen
5ª XORNADA DE BRILÉ Venres 15/12/2017 SERIOULY 6- 2 LA TORMENTA Árbitros: Botana 6º e Sabela 5º
Imagen
4ª XORNADA DE BRILÉ Luns 21/11/2017 OJOS DE HALCÓN 1- 6 LOS NENES Árbitros: Botana 6º e Sabela 5º Próximo enfrontamento (Venres 1/12/2017): Seriously Vs La Tormenta

2ª Xornada de Brilé

Imagen
2ª XORNADA DE BRILÉ Luns 13/11/2017 LOS CRAKS DE 4º 6- 5 LOS CHAQUETISMOS Árbitros: Montse e Manu 4º Próximo enfrontamento (17/11/2017): La Tormenta Vs The Elements 

Samaín 2017

Imagen
O martes 31 de outubro celebramos o SAMAIN. Pasámolo xenial decorando as cabazas que adornaron os corredores e para espantar o medo..., as nenas e os nenos de 4º e 5º coa mestra Lúa prepararon unha coreografía chea de monstros, esqueletos, bruxas..., coa música de Uxía Lambona e a banda Molona. Preme na seguinte imaxe e MIRADE, MIRADE, BOO!!!! Despois do baile e para espantar un pouco de medo que tiñamos no corpo, estivemos xogando e bailando no patio a canción que practicamos coa mestra de música, Irene que se titula No Samaín de Paco Nogueiras.  PASAMOS UNHA TARDE... DE MEDO!!!!!
Imagen
1ª XORNADA DE BRILÉ LOS NENES 6- 1 SERIOUSLY Árbitros: Érika e Sabela de 5º

Feliz aniversario!!

Imagen
Parabéns ao noso compañeiro Jesús Ramos  que esta semana estivo de aniversario e para celebralo que mellor que deste xeito, xunto coa familia, amig@s e compañeir@s !! Felicidades e os mellores parabéns!

O TRIMESTRE DOS ANIMAIS

Imagen
No corredor da planta baixa xa podedes ver os traballos feitos polos nenos e nenas do cole sobre os animais da zona, non deixeides de velos porque merecen a pena de verdade. Algunhas fotos tamén volas deixamos aquí, mirade! Os rapaces de 5º e 6º investigaron o ecosistema galego Ollade este moucho, que riquiño! Os nenos traballaron moito sobre as curuxas! Os nenos do 2º ciclo traballaron arreo sobre os animais diurnos Os nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria centráronse nos animais acuáticos... dos nosos ríos... da nosa ría... e do noso mar! Pero para obter este fantástico resultado os rapaces e rapazas do cole traballaron moitísimo, por exemplo, aquí vedes aos alumnos e alumnas de primeiro. Velaquí Ángel, facendo unha lura Tan traballadoriños sodes nenos! Lara e Laura fixéron uns peixes moi xeitosos! Isabella e Brais pasárono A MAR ...