Entradas

Imagen

Semana da poesía

Imagen
SEMANA DA POESÍA Que palabras tan fermosas ! Como chegan ao corazón ! En barco ou en bolboreta , polo ceo ou polo mar , veñen coa primavera miles de palabras cheas de sentimento que nos enchen de felicidade . Seguro que aínda quedan algunhas por escribir,por dicir, por pintar... Pero, que mellor ca unha poesía para que nos emocionen? Aquí tendes algunhas páxinas e blogues que vos poden axudar a coñecer poesía: http://agteijeiro.blogspot.com/ http://cabrafanada.blogspot.com/ http://www.ourizoazul.org/ http://orellapendella.org/ http://poemasparapeques.blogspot.com/

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola lectores e lectoras! Quero contar algo que ocurriu no noso cole o pasado luns, 28 de marzo. Alá a tardiña, na aula que está ao lado da biblioteca, escoitei falas e ata aplausos. Así que, deixei a miña sesta para outro momento, e fun ver o que pasaba. E alí estaba o autor e ilustrador dos libros A pedra e as formigas e Mil cousas poden pasar. Estaba a contar cousas dos seus libros e contestou a moitas preguntas dos rapaces de 3º, 4º e 5º. Era Jacobo Fernández. Todos quedaron pampos cando se puxo a debuxar. Que ben! Aínda que dixo que para facer eses debuxos e escribir historias marabillosas... hai que traballar moito e adicarlle tempo. Ánimo e practicade moito, quen sabe se entre vós hai un futuro escritor ou ilustrador! Sabedes que? Dixo que lle tiña alerxia aos gatos. Menos mal que non me viu!

Xa chegou o entroido!!!!!!!

Imagen
O pasado venres 4 de marzo, no Ceip Ponte do Porto celebramos o noso particular entroido. Este ano foi adicado ás culturas do mundo. Educación Infantil transformouse nuns simpáticos africanos, o 1º ciclo viaxou ata México para darnos a coñecer a súa cultura. O 2º ciclo mostrounos a milenaria cultura grega e o 3º ciclo trasladáronnos á enigmática cultura china. Como en cursos anteriores, o meco foi dándonos pistas ao longo da semana para irnos preparando para un entroido de excepción...E como non podía ser menos o último día asistimos todos á súa queima no cole. Igualmente non podiamos esquecer un ano máis o marabilloso concurso gastronómico dos doces de entroido. Recoñecendo o premio á clase máis participativa, ao mellor postre e ao máis orixinal. Quedounos a todos un bo sabor de boca que esperamos mellorar na medida do posible o vindeiro ano. Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes do ben que o pasamos ese día:

HAPPY VALENTINE´S DAY!!

Imagen
Ola "valentins" e "valentinas"! O luns 14 de febreiro, celebramos o San Valentín na clase de inglés. Preparamos unhas "cards"moi ben coloreadas e decoradas para desexarlles un feliz San Valentín a todos os/as compañeiros/as, e nun día tan especial non podían faltar as "lollipops" con forma de corazón para facer máis doces aínda as mensaxes de cariño e amizade, e algunhas tamén moi divertidas, que cada neno/a escribiu. Houbo ata quen se puxo colorado/a coma un corazón de San Valentín ao recibir a postal, mirade as fotos e comprobarédelo... En fin, pasámolo moi ben e puxemos olliños de namorados/as para sair na foto. Atinaría Cupido cos seus frechazos? se sabedes algo non dubides en compatir con todos/as o voso comentario. Biquiños para todos/as.
Imagen
O día daz fixemos moitas cousas no Ceip Ponte do Porto: Soltamos a voar "Os globos da paz" Nestes globos estaban escritos todos os desexos de paz dos nenos e nenas do colexio de Ponte do porto. os pasos que seguimos foron os seguintes: 1º Cada neno e nena meteu o seu desexo relacionado ca paz na caixiña que ía a ir amarrada os globos. 2º. Estes son os globos, que voaron moi alto, que leveban os bonitos desexos de paz dos nenos e nenas do Ceip Ponte do porto. Colgamos os corazóns Cada un destes corazóns levaba escrito o lema elexido por cada clase co tema da paz. Os colgamos nunha árbore do centro e leemos con todos os nenos e nenas todos os lemas que eles e elas mesmos escribirán nas súas clases cos seus profes. Xogamos cas buxainas Despois de soltar os globos da paz e de colgar os corazóns na árbore fomos para o patio a xogar cas buxainas da paz. Xogaron coas buxainas que eles e elas mesmas decoraron de xeito moi bonito e orixinal. ISTO FOI TODO O QUE FIXEMOS NO ...
http://www.craaltaribagorza.net/spip.php?article466 http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/DIA-DE-LA-PAZ.mensaje-secreto.pdf http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Manualidad-paloma.pdf http://orientacionandujar.wordpress.com/2010/01/13/nuevos-enlaces-para-trabajar-el-dia-de-la-paz/ http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?idContent=14469 http://www.me.gov.ar/efeme/paz_internacional/cancionero.html http://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxhcnF1aXZvc2RvY3VtZW50b3NibG9nfGd4OmI1MTBhZjE0NjQ3MWI5ZA&pli=1 http://www.omerique.net/polavide/rec_polavide0708/edilim/caminopaz/caminopaz.html http://picasaweb.google.com/maestraesterita/DIADELAPAZ# https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/ http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/juegopaz.htm#