http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=7278
Entradas
MAGOSTO 2010
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Ola blogueir@as ! Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estas fotos do magosto 2010 Comezamos cun chisco de xogos populares (bolas, corda, balón prisioneiro, o pano...) e rematamos cunha boa castañada para repoñer forzas. Animamosvos a que comentedes todas aquelas anécdotas que vos aconteceron durante esta xornada de festa rachada. Un saúdo para tod@s e viva o San Martiño!
O TRIMESTRE DOS XOGOS POPULARES
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Como ben sabedes, no noso cole estamos no "Trimestre dos Xogos Populares", e todos os nenos fixemos un traballo de investigación e recopilación preguntando os nosos avós, pais e veciños, a que xogaban cando eran pequenos, para nós poder levalos a práctica nos nosos tempos de lecer. Así, cada alumn@ levamos para a nosa casa unha ficha e preguntándolles aos maiores, cubrímola co xogo que máis nos gustou. Despois, na nosa clase e cos nosos profes xuntámolos todos, eliximos uns poucos e elaboramos un mural no que explicamos estes xogos e os acompañamos cunha ilustración. Velaquí o mural final cos nosos xogos: E agora vexamos o mural de cada curso cos seus xogos: Educación Infantil: aula de 3 e 4 anos e aula de 5 anos Xogos no espazo: O Dragón e a Varita Máxica 2º curso de Educación Primaria Xogos no espazo: Balón Prisioneiro 3º curso de Educación Primaria Xogos no chan: A Mariola 4º B de Educación Primaria Xogos de Chapas: O Lanzachapas, O Tres en raia, O Chapatazas e as Carrei...
Samaín 2010
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Outubro 2010 Desde o CEIP Ponte do Porto, dámosvos a benvida a un novo curso cheo de actividades que compartiremos, ao igual que o ano pasado, neste blogue. Empezaremos coa celebración do Samaín/Halloween. Esta foi a semana que tanto estábades esperando, a semana na que recibíchedes unha invitación para visitar a nosa famosa " Aula do Medo ", para a cal preparáchedes unha morea de adornos e de cabazas que metían medo. Querémosvos dar as grazas a todos pola vosa colaboración. Agora botade un ollo a estas imaxes nas que podedes lembrar o medo que pasamos, ou non? Non olvidedes deixarnos algún comentario. E se queredes pasar medo, atrevédevos a entrar nas seguintes páxinas: http://gatiosramndelasagra.blogspot.com/2010/10/puzle-samain.html http://www.halloween.com/ http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf http://www.happymeal.es/#/Jugamos http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/?q=node/134 http://gl.wikipedia.org/wiki/SamaÃn http://abcteach.com/directory/seas...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneira e no noso cole cada clase preparou algo especial que logo fomos representando ó resto dos compañeiros e compañeiras. Coa axuda dos profes aprendimos poemas, como o de "O cuco" que o representamos os nenos e nenas de Ed. Infantil xunto con rapaces e rapazas de 5º e 6º, ou "Pacen as vacas"os nenos e nenas de 1º, "Chega a hora de irse para a cama" no que os nenos e nenas de 2º debuxamos os seus versos ou o da "Fiandeira namorada" que os rapaces e rapazas de 5º recitamos acompañados por unha muiñeira. Os compañeriso e compañerias de 3º e 4º representaron o conto de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e os de 6º fixeron un mural con pictogramas sobre a vida do escritor galego. Tamén fixemos un concurso ¡ Unha caricatura do escritor! O gañador conseguiría que coa súa caricatura se fixera un marcapáxinas para todos os membros do cole.
O recuncho de Xiana (Abril, mes dos libros)
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Ola lectores e lectoras!!! Que ben quedou o mural!!! Estou encantada cos vosos libros favoritos; pero hai que seguir lendo e buscando libros favoritos. Que tal a exposición? Había moitosssssssssss libros e moi chulos. Grazas pola vosa colaboración e por deixar que todos e todas víramos esos estupendos,fabulosos e entretidos libros. Ademais estivo moi ben o recuncho adicado a Miguel Delibes.