Entradas

Imagen
Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneira e no noso cole cada clase preparou algo especial que logo fomos representando ó resto dos compañeiros e compañeiras. Coa axuda dos profes aprendimos poemas, como o de "O cuco" que o representamos os nenos e nenas de Ed. Infantil xunto con rapaces e rapazas de 5º e 6º, ou "Pacen as vacas"os nenos e nenas de 1º, "Chega a hora de irse para a cama" no que os nenos e nenas de 2º debuxamos os seus versos ou o da "Fiandeira namorada" que os rapaces e rapazas de 5º recitamos acompañados por unha muiñeira. Os compañeriso e compañerias de 3º e 4º representaron o conto de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e os de 6º fixeron un mural con pictogramas sobre a vida do escritor galego. Tamén fixemos un concurso ¡ Unha caricatura do escritor! O gañador conseguiría que coa súa caricatura se fixera un marcapáxinas para todos os membros do cole.

O recuncho de Xiana (Abril, mes dos libros)

Imagen
Ola lectores e lectoras!!! Que ben quedou o mural!!! Estou encantada cos vosos libros favoritos; pero hai que seguir lendo e buscando libros favoritos. Que tal a exposición? Había moitosssssssssss libros e moi chulos. Grazas pola vosa colaboración e por deixar que todos e todas víramos esos estupendos,fabulosos e entretidos libros. Ademais estivo moi ben o recuncho adicado a Miguel Delibes.

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola lectores e lectoras!!! Que ben quedou o mural da Semana da Poesía!!! Moitos poetas e poetisas van a saír deste colexio. Non si? Xa sabedes que estamos en abril: O MES DOS LIBROS. Estades a participar nas actividades? Espero que si. Ademais tamén podedes facelo aquí, no blogue. Non deixedes de contarme cales son os vosos libros favoritos e... a seguir lendo. Máis fotos da Semana da Poesía.
Imagen
Os nenos e nenas de E.Infantil convertémonos en panadeiros/as por un día visitando a panadería Barcia en Camariñas. Alí disfrutamos como verdadeiros artesáns do pan cun pouquiño de masa, unhas gotiñas de boa vontadé e moitíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisima fariñaaaaaaaaaaaaaa. E aquí tedes unha pequena mostra.

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola, Ola, Olaaaaaa!!! " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Ese era o título. A que case todos e todas o liches? Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo? Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org É unha páxina: para compartir, para rir, para aprender, para xogar, para disfrutar... Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando... Unha gata singular á biblioteca chegou. .................................. Saudiños. Xiana

CHEGOU O ENTROIDO

Imagen
Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou. Os primeiros en desfilar, que veñen de cociñeiros, son os peques da escola porque son moi larpeiros. Aquí chegan os de 1º e 2º, veñen de mariñeiros son rapaces e rapazas moi salgados/as pero un pouco barulleiros. Se tedes unha avaría non dudedes en chamar os mecánicos de 3º que vola poden arranxar. Se precisades un retrato os pintores de 4º volo farán moi barato. Para limpar os regos os rapaces e rapazas de 5º somos os mellores labregos. Se queredes bo pan, os panadeiros de 6º axiña volo farán. As profes tamén se disfrazaron, velaquí vemos o ben que o pasaron. Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de ...

HAPPY VALENTINE'S DAY

Imagen
Ola a todos e todas! O xoves e venres pasados San Valentín chegou ao noso cole en forma de piruleta de corazón!Na clase de inglés fixemos tarxetas para felicitarlle o San Valentín aos compañeiros e compañeiras e, cando chegou o día da celebración...que nervios collendo a tarxeta cos ollos pechados!!Quen me tocará?? Despois, todos puxemos a nosa mellor "cara de namorado" para saír ben guapos na foto. Mirádenos ben, quen vos parece que o fixo mellor? Quen é o que parece máis namorado? Esperamos as vosas opinións. Deica a próxima!! NAMORADOS/AS DE 4 ANOS NAMORADOS/AS DE 2º NAMORADOS/AS DE 3º A NAMORADOS/AS DE 3ºB NAMORADOS/AS DE 4º A NAMORADOS/AS DE 4ºB NAMORADOS/AS DE 5º NAMORADOS/AS DE 6º