Entradas

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola, Ola, Olaaaaaa!!! " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Ese era o título. A que case todos e todas o liches? Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo? Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org É unha páxina: para compartir, para rir, para aprender, para xogar, para disfrutar... Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando... Unha gata singular á biblioteca chegou. .................................. Saudiños. Xiana

CHEGOU O ENTROIDO

Imagen
Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou. Os primeiros en desfilar, que veñen de cociñeiros, son os peques da escola porque son moi larpeiros. Aquí chegan os de 1º e 2º, veñen de mariñeiros son rapaces e rapazas moi salgados/as pero un pouco barulleiros. Se tedes unha avaría non dudedes en chamar os mecánicos de 3º que vola poden arranxar. Se precisades un retrato os pintores de 4º volo farán moi barato. Para limpar os regos os rapaces e rapazas de 5º somos os mellores labregos. Se queredes bo pan, os panadeiros de 6º axiña volo farán. As profes tamén se disfrazaron, velaquí vemos o ben que o pasaron. Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de ...

HAPPY VALENTINE'S DAY

Imagen
Ola a todos e todas! O xoves e venres pasados San Valentín chegou ao noso cole en forma de piruleta de corazón!Na clase de inglés fixemos tarxetas para felicitarlle o San Valentín aos compañeiros e compañeiras e, cando chegou o día da celebración...que nervios collendo a tarxeta cos ollos pechados!!Quen me tocará?? Despois, todos puxemos a nosa mellor "cara de namorado" para saír ben guapos na foto. Mirádenos ben, quen vos parece que o fixo mellor? Quen é o que parece máis namorado? Esperamos as vosas opinións. Deica a próxima!! NAMORADOS/AS DE 4 ANOS NAMORADOS/AS DE 2º NAMORADOS/AS DE 3º A NAMORADOS/AS DE 3ºB NAMORADOS/AS DE 4º A NAMORADOS/AS DE 4ºB NAMORADOS/AS DE 5º NAMORADOS/AS DE 6º

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola amigos e amigas lectores ! Estou un chisco sorprendida. Sabedes o por que? Está ben claro : Hai un rato na biblioteca? Sabedes de quen se trata? Claro ! Non é outro que Gerónimo Stilton ! As súas aventuras están tendo moito éxito entre os e as lectores de cuarto e quinto. Non tedes gañas de coñecelo? Aí van outros títulos que están tamén entre as vosas recomendacións: -. A colección de Kika Superbruja -. A colección de Juni B. Jones -. Os Bolechas ( todos, todos, todos os títulos) -. O coelliño branco -. Mi hermana Clara -. .... -. A toupiña que quería... Alguén sabe como continúa este título? Sabedes que é un dos libros máis lidos da biblioteca? Agardo as vosas respostas . MI...
Imagen
Ola a tod@s ! Lembrades que o venres 29 de xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz e a Non Violencia? Pois para aqueles que xa o tiñan esquecido..., aquí estamos os nenos e nenas de 3º para refrescarvos a memoria a golpe de foto. Que pomba tan orixinal foi a que fixemos!!! A súa plumaxe está feita con papel de cores con forma de man. Todos eles cheíños de mensaxes de solidariedade, paz, amor, bos desexos,... Que máis fixemos ese día? Pos, bailamos ao son da canción VIVA LA VIDA cunha coreografía moi chula que nos ensinou a profe Yolanda. Despois, gustounos tanto a pomba que decidimos sacar unha foto xunto a ela. VELAQUÍ ESTAMOS Os e as cativas de Educación Infantil... Como non 1º... Non podía faltar 2º.... Tampouco 3º... Aquí vemos os e as nenas de 4º... Os maiores tamén se prestaron... Que riquíños, 5º e 6º!!!!! Agora, podemos ver a pomba tódolos días cando subimos ás aulas xa que os mestres e mestras colocárona no mural das escaleiras. Así, podemos lembrar que o Dí...

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imagen
As postais gañadoras do Nadal foron: PREMIO ESPECIAL PARA INFANTIL 3/4 ANOS: PREMIO ESPECIAL PARA INFANTIL 5 ANOS. 1º CICLO: AINOHA DE SEGUNDO. 2º CICLO: NEREA DE CUARTO A. 3º CICLO: FATIMA DE SEXTO. PREMIO ESPECIAL DO LEMA DE NADAL: DANI DE SEXTO. E A VÓS: CAL FOI A QUE MÁIS VOS GUSTOU?

O NADAL

Imagen
Ola de novo! No Nadal pasámolo xenial co noso festival. Dramatizamos, cantamos e tocamos panxoliñas para achegar a todo o mundo a festividade que estabamos a piques de celebrar. Tivemos dende ANXIÑOS (Infantil) ata RAÍÑAS MAGAS (4º) pasando polas OFRENDAS (1º), os nosos PEQUENOS MÚSICOS (5º e 6º), os CHAMATIVOS PASTORES (2º) e o noso CEO PARTICULAR: A LÚA e AS ESTRELAS (3º). Ó final fixémolo tan ben, que veu Papá Noel cargado de agasallos e rematamos cunha divertida festa organizada pola ANPA onde nos maquillamos, tatuamos, pescamos... que ben o pasamos!!