Entradas

MAGOSTO

Imagen
Gran papanda de castañas no cole da Ponte do Porto!. Siii... como volo conto. Celebramos todos xuntos o Magosto -tamén viñeron os profes, pais e nenos do cole de Xaviña- comendo castañas, rindo e xogando. Aquí vos deixo algunhas fotos da festa. Ata a próxima!.

CASTAÑAS EN XAROPE

Imagen
Ola a todas e todos!. Os alumnos de 5º con motivo do Magosto pensamos en facer unha receita relacionada con este, e aproveitando a inestimable axuda da profe Antonia ,que coñece moitas receitas con castañas, decidimos elaborar unhas conservas en xarope deste froito. Descrición da receita: 1º.- Entrecocer un pouco as castañas e pelalas. 2º.- Elaboración do xarope: • Fervemos 800 ml de auga con 400 g de azucre 3º.- Metemos as castañas nun bote de cristal e cubrímolo co xarope ata o borde e cerramos ben coa tapa. 4º.- Cocemos os botes a baño maría unhos 15 minutos. Degustación: Deixamos repousar 2-3 meses para que colla o xarope e logo comémolas cando queiramos.

Samaín '09

Imagen
Ola de novo a todos e todas! Estamos moi contentos, porque coa vosa colaboración este blogue está a ser un éxito! Despois de revisar a enquisa, a cor gañadora é a que xa vedes aquí, esperamos que vos guste, moitas grazas por participar. Querémosvos contar que a última semana de outubro celebramos no cole o Samaín (e na aula de inglés o "Halloween"). Para iso todos colaboramos con debuxos e cabazas de medo. Despois desfrutamos dun anaco divertido na famosa "aula do medo", ao principio algúns asustámonos un pouco, pero logo de cantar e comer caramelos pasóusenos o susto. Estes son algúns dos "terroríficos" debuxos que fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º, que medo!

Benvidos!!

Ola, ola!! Somos o Colexio Ponte do Porto. Con este recén nado blogue querémosvos facer partícipes das actividades e celebracións do noso cole. Para isto gustaríanos que TODOS (nenas e nenos, papás e mamás, profes e "profas", veciños e amigos,etc.) colaborásedes aportando ideas, comentarios, cotilleos...e todo aquilo que desexedes compartir connosco. Nós, dende aquí, iremos amosando tódalas novidades da escola para que non vos perdades detalle do que acontece. Queremos construir este blogue entre todos, así que para comezar: De que cor vos gustaría que fose o Blogue do cole?? Votade a opción que máis vos guste na primeira enquisa do noso blogue. Esperamos as vosas suxerencias!! Unha aperta, O CEIP Ponte do Porto