Alumnado 3º EP
Alumnas e alumnas de 3º
Ola a todas e todos!!
Aquí vos deixo un xogo para facer con mamá ou alguén que axude e logo xogar con papá ( tamén coas irmás,cos irmáns, coa avoa...). Seguro que ides ter moito tempo!
Ademais do xogo, podedes escribir unha carta decíndolle todo o que vos gusta facer con el ou o que vos gustaría.
TRES EN RAIA PARA O DÍA DO PAI
Propoñemos crear un agasallo
orixinal,
económico e divertido: o
xogo de tres en
raia elaborado con chapas.
Materiais:
• oito chapas de botello (ou
tapóns de
botellas)
• tres cores de pintura
acrílica (marrón,
azul e branca)
• bolsiña de tea pequena ou unha cartolina, cartón.
• pinceis, regra e rotulador
Elaboración:
1. Coloreamos catro chapas
de botello
con pintura acrílica marrón
e outras catro
pintámolas de cor azul;
despois, deixamos
tempo para que sequen.
2. Debuxamos con pintura
acrílica branca
un símbolo nas chapas para
diferenciar
cada xogador ou xogadora e,
de novo,
deixamos secar. Os símbolos
poden ser
desde obxectos que lembran o
pai ata as
letras P e A para que formen
a palabra
cariñosa papá.
3. Trazamos, coa axuda dunha
regra, o
taboleiro do tres en raia
sobre a bolsiña
de tea.
Escribimos debaixo a nosa
mensaxe e…
xa temos unha divertida
sorpresa para
xogar co noso pai!
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!