Art & Crafts
Good morning!!!!
Aquí vos deixo o traballo para Art nestes días:
1º curso: Podedes facer un debuxo sobre "the sea", con animais que vivan no mar. Podedes colorealo con ceras ou rotuladores, o que teñades máis a man. Aquí vos deixo un exemplo:
2º curso: Recoméndovos que fagades un debuxo sobre unha granxa (farm). Debe ter como mímino: 1 vaca (cow), 2 porquiños (pigs): un grande e outro pequeno, varios pitiños (chicken), e unha ovella (sheep). Tamén debedes debuxar ao fondo dúas montañas (mountains) e dúas árbores (trees) : unha grande e outra pequena. Podedes colorealo con rotuladores ou ceras, o que teñades máis a man. Botade a voar a vosa imaxinación!
3º curso: Podedes facer un debuxo libre. Á volta xa seguimos traballando co que estabamos. :).
6º curso: Poderiades facer un debuxo cubista, como vimos no primeiro trimestre. Aquí vos deixo un de Pablo Picasso, titulado "Os tres músicos". Podedes recrear o mesmo, facer outro diferente, ou tamén inventar un. Deberedes colorealo con rotus ou ceras, o que teñades a man. Pensade...e mans á obra!

Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!