ALUMNADO CEIP PLURILINGÜE PONTE DO PORTO
RECOMENDACIÓNS
E PROPOSTAS ALTERNATIVAS PARA TODOS OS CURSOS
- ORGANÍZATE. (Todo pasa máis rápido se temos algo que facer de forma ordeada. No horario ten que haber tempo para axudar na casa, para estudiar e aprender, para facer exercicio e para xogar).
- LEVÁNTATE. (Sigue coa mesma rutina. De luns a venres como se foras a clase).
- FAI EXERCICIO. (Reserva un tempo cada día para facer exercicio na casa, algún xogo con globos, por exemplo).
- APRENDIZAXE. (Aproveita o tempo para estudiar e aprender. Todos os días, ten que haber un tempo suficiente para facer as tarefas que mandaron os profesores, para estudiar e repasar. E todas as materias, non so dalgunhas).
- AXUDA AOS DEMAIS, especialmente na casa. A situación non é fácil para ninguén . Hai que ser activos nas tarefas da casa (facer a cama, poñer a mesa ou axudar a facer un biscoito). A actitude positiva e de axuda é o mellor que podemos ofrecer os demais.
PROPOSTA
DE ACTIVIDADES ALTERNATIVAS:
www.ceiploreto.es
(web para educación infantil e primaria, dividida por materias e
niveis, con lecturas para traballar a comprensión, dictados
interactivos, problemas,...)
www.rtve.es/educlan/
(ferramenta educativa para as familias, conta con 3 canales: de 3 a
5anos, de 6 a 8 e de 9 a 10 asanos para traballar lengua, ciencias
sociais e naturais, lóxica e matemáticas, artística e idiomas).
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
(“Jueduland”), páxina web de xogos educativos interactivos
QUEDÁMONOS
NA CASA. É A NOSA RESPONSABILIDADE.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!