Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

MAGOSTO 2010

Imagen
Ola blogueir@as ! Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estas fotos do magosto 2010 Comezamos cun chisco de xogos populares (bolas, corda, balón prisioneiro, o pano...) e rematamos cunha boa castañada para repoñer forzas. Animamosvos a que comentedes todas aquelas anécdotas que vos aconteceron durante esta xornada de festa rachada. Un saúdo para tod@s e viva o San Martiño!

O TRIMESTRE DOS XOGOS POPULARES

Imagen
Como ben sabedes, no noso cole estamos no "Trimestre dos Xogos Populares", e todos os nenos fixemos un traballo de investigación e recopilación preguntando os nosos avós, pais e veciños, a que xogaban cando eran pequenos, para nós poder levalos a práctica nos nosos tempos de lecer. Así, cada alumn@ levamos para a nosa casa unha ficha e preguntándolles aos maiores, cubrímola co xogo que máis nos gustou. Despois, na nosa clase e cos nosos profes xuntámolos todos, eliximos uns poucos e elaboramos un mural no que explicamos estes xogos e os acompañamos cunha ilustración. Velaquí o mural final cos nosos xogos: E agora vexamos o mural de cada curso cos seus xogos: Educación Infantil: aula de 3 e 4 anos e aula de 5 anos Xogos no espazo: O Dragón e a Varita Máxica 2º curso de Educación Primaria Xogos no espazo: Balón Prisioneiro 3º curso de Educación Primaria Xogos no chan: A Mariola 4º B de Educación Primaria Xogos de Chapas: O Lanzachapas, O Tres en raia, O Chapatazas e as Carrei