LIGA VIRTUAL RETOS DE EDUCACIÓN FÍSICA
Querido alumnado e familias,
para este terceiro trimestre vos teño preparada unha LIGA VIRTUAL por cursos. Poderán participar na liga tod@s @s alumn@ s de primaria que o desexen e eu irei actualizando a clasificación cada semana. Non é obrigatoria a participación, pero eu creo que é unha boa maneira de manternos conectados e distraídos, á vez que facemos algo de actividade física.
A liga consistirá en diferentes vídeos que irei subindo, con retos de diferentes dificultades. Vós teredes que subir un vídeo voso realizando as probas e eu irei dándovos os correspondentes puntos para poñelos na clasificación.
Como os retos desta liga baséanse en utilizar rolos de papel hixiénico a temática escollida é a Casa de Papel, como podedes comprobar na imaxe adxunta.

Eu serei o Profesor que vos mandará as misións e vós seredes quen as execute, para iso necesitarei un nome en clave de cada un/unha de vós, así que tedes que escoller o nome dunha cidade de calquera parte do mundo.
IMPRESCINDIBLE para levar a cabo a liga é que un familiar voso descargue a APP CLASS DOJO que uso nas nosas clases a diario. Alí é onde subiremos os vídeos das misións, as clasificacións, os puntos... en definitiva estaremos en contacto. A aplicación é gratuíta e moi fácil de usar, pero NECESITADES O PERMISO DOS VOSOS PAIS para poder participar.
Os vosos familiares van recibir unha invitación ao seu correo electrónico co procedemento para que vos podan dar de alta na liga.
Por se acaso vou deixar un titorial cos pasos a seguir para o proceso de conectarvos comigo no CLASS DOJO.
A liga dará comezo a próxima semana, pero de todas formas vos podedes inscribir en calquera momento, aínda que espero que podamos comezar o maior número de persoas á vez. Agardo con impaciencia poder vervos as caras e superando os meus retos!!
PASOS A SEGUIR:
1. Descargar a App gratuíta CLASS DOJO.
2. Seleccionar "Entrar como pai/nai (Parents)"
3. Introducir a clave que enviei ao voso correo electrónico.
Aquí tedes un totorial aclaratorio para familias e para calquera dúbida, enviádeme un mail a pablo.profe.eume@gmail.com
Saúdos e moito ánimo!!

Pablo.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!