Lecturas con pictogramas
Ola!!!
Benvidos e benvidas de novo!
Preciosa a carta da nosa mascota Xiana!!!
Dende o ámbito da atención á diversidade, seguimos os seus consellos por iso vos facemos chegar uns libros de lectura moi especiais: a ONG Aprendices Visuales compartiu, de balde, con todos e todas a súa colección de
contos.
Son historias que están pensadas para un
colectivo moi diverso: alumnado con necesidade específica de apoio educativo, os
e as pequenas da casa, nenos/as pre-lectores/as…
Nelas empréganse os pictogramas porque “o visual” sempre é un reforzo que axuda na comprensión de calquera relato. Pero, aos máis maiores, de seguro que tamén vos han gustar.
Mirade, lede e gozade con estas preciosas aventuras.

“Érase una vez un dragón
que quería ser chef. En su puesto de maíz…descubrió como hacer palomitas…”
"Érase una vez una niña que vivía en una casa junto a un árbol. Una mañana escuchó en la ventana..."
Se queredes descubrir como continúan; e así alimentar a
vosa imaxinación, preme na imaxe para velos online ou, no título para
descargalos en formato pdf.
Un saúdo e un aperta virtual. Chus.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!