LETRAS GALEGAS 2020

Autor homenaxeado:

Carvalho Calero



Ricardo Carballo Calero. / Mundiario



Estimadas familias do CEIP Plurilingüe Ponte do Porto:

Este ano e debido á situación actual, as Letras Galegas pasarán a ser celebradas o 31 de outubro do curso académico 2020-2021.

Sen embargo, osMestres do centro e o EDLG, queremos realizar unha homenaxe simbólica no propio mes das Letras que é maio.

Aquí poderedes atopar algunha información interesante sobre o autor deste ano: Carvalho Calero.

Esperamos que vos sirva para coñecelo un pouquiño mellor.

Máis adiante faranse publicacións dos traballos recibidos.


EDUCACIÓN INFANTIL


O alumnado de Educación Infantil poderá ver os seguintes contos e realizar unhas actividades propostas.

Para os contos facede click nas imaxes de cada portada:




Os Bolechas: Ricardo Carvalho Calero





             As pitas baixo a choiva



Para as actividades, facede click AQUÍ.

Bicos 💋 !!!!
1º DE PRIMARIA


O alumnado deste curso realizará unha homenaxe a través das seguintes actividades:

1- Lemos quen era Ricardo Carvalho Calero. A ficha xa a enviou Teresa, pero deixo aquí unha foto para que recoñezades cal é.



2- Facemos un cartel para anunciar as Letras Galegas nun folio.

3- Tamén podemos facer un  microrrelato (son contos moi, moi curtos).



2º DE PRIMARIA


O alumnado de 2º ten como proposta realizar unha tarefa na que se vai ler sobre o tema da familia. Esta lectura está relacionada co autor. Luz xa vos enviou a tarefa pero aquí a podedes atopar de novo.


Fai click AQUÍ para acceder á tarefa







3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º ten como proposta redactar un poema. Mari Carmen xa vos enviou a tarefa, podedes atopala de novo facendo click na imaxe





5º DE PRIMARIA


O alumnado de 5º realizará unha pequena aportación simbólica a través de investigacións nos enlaces que Carme vos enviou. A maiores, deixamos estos novos. Podedes atopalos a continuación (fai click na imaxe para acceder):







Pediríavos participar na medida do posible.

E insisto, é algo simbólico,  unha foto dunha biografía, unha pequena poesía, algo sinxelo. 

Enviademe os que queirades o meu correo profecarme5@gmail.com.

Podedes facelo ao longo desta semana e a que ven. 


ESCAPE ROOM
(apto para varios cursos)

Tamén vos deixamos un Escape Room que creou unha compañeira docente (Ana). Está xenial!! Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Benvidos!!

RELIGIÓN Y MORAL CATÓLICA