Entradas populares de este blog
Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneira e no noso cole cada clase preparou algo especial que logo fomos representando ó resto dos compañeiros e compañeiras. Coa axuda dos profes aprendimos poemas, como o de "O cuco" que o representamos os nenos e nenas de Ed. Infantil xunto con rapaces e rapazas de 5º e 6º, ou "Pacen as vacas"os nenos e nenas de 1º, "Chega a hora de irse para a cama" no que os nenos e nenas de 2º debuxamos os seus versos ou o da "Fiandeira namorada" que os rapaces e rapazas de 5º recitamos acompañados por unha muiñeira. Os compañeriso e compañerias de 3º e 4º representaron o conto de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e os de 6º fixeron un mural con pictogramas sobre a vida do escritor galego. Tamén fixemos un concurso ¡ Unha caricatura do escritor! O gañador conseguiría que coa súa caricatura se fixera un marcapáxinas para todos os membros do cole.
O recuncho de Xiana
Ola, Ola, Olaaaaaa!!! " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Ese era o título. A que case todos e todas o liches? Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo? Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org É unha páxina: para compartir, para rir, para aprender, para xogar, para disfrutar... Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando... Unha gata singular á biblioteca chegou. .................................. Saudiños. Xiana
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas asinar o teu comentario!