Festa do Magosto no cole



Ola nen@s:

Os profes agardamos que o pasárades moi ben no festival do Magosto que celebramos esta tarde no cole.

As "chesnuts" estaban moi ricas e os portacastañas funcionaron moi ben, xa que case non se veían pelas polo chan; quedou todo moi limpo chicos, gracias pola vosa colaboración!

E que vos pareceu o circuito de xogos? Coido que estivo moi moi divertido, non si? Que xogo vos pareceu o máis divertido?
Xa nos contaredes a través do blogue, agardamos a vosa resposta!

Que pasedes unha boa fin de semana e...a xantar castañas!





De esquerda a dereita: Gaby, Suso, Sara, David, Xoel e Sara. Que ben se portaron os nenos de Infantil!






Velaquí Serxio, Pablo e Raúl. Que aproveite nenos!



Que coroas tan fermosas levaban estos pequerrechos! Por certo: Que estará a ollar Xaquín?



Aqui temos a algúns nenos de 4º facendo cola para coller castañas e zume.



Adrián, Raúl, Javi e Manu o pasaron en grande! Smile please!





Algúns nenos de 3º se acomodaron...enriba dunhas rodas!


Os peques de 3 e 4 anos xantaron moitas castañas. Bo proveito!



Aqui temos a Pablo e Adrián, de 2º curso, pedindo castañas ó profe Suso.





Tamén houbo zume de pexego para beber!
Ollade a Saray e Hugo, moi rico tiña que estar!


Os nenos de Infantil levaban postas unha coroas de castañas moi bonitiñas! As fixeron eles na clase, que artistas!


Velaquí algúns alumnos de 1º de Primaria.


Ollade o que fai este neno. Sabedes a que está xogando?



Si, trátase do xogo das chapas! Foi un dos xogos con máis éxito na festa do Magosto


Que ben o pasamos todos!










Comentarios

  1. Hola Un Saudo!.!.! Encantoume Todo!!As Castañas,Os Xogos,E Sobre todo Paseino Ben Porque Estiven Cos Meus Compañeiros Todo O Día!!!Estivo Todo Moi Moi Ben!!

    UNHA APERTA!!!

    ResponderEliminar
  2. Álex Carril E César1 de diciembre de 2011, 11:07

    FOI XENIAL!!!

    ResponderEliminar
  3. Alex Oreiro Carracedo1 de diciembre de 2011, 11:20

    !Ola¡ gustouvos espero que si apena que e eu non puden sogar pero seguro que fui moi divertido a e antes de que se me olvide habra que animarse,e non se ten que estar triste por un comentario feo que mentira.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

Benvidos!!

Samaín 2010