Ola, ola!! Somos o Colexio Ponte do Porto. Con este recén nado blogue querémosvos facer partícipes das actividades e celebracións do noso cole. Para isto gustaríanos que TODOS (nenas e nenos, papás e mamás, profes e "profas", veciños e amigos,etc.) colaborásedes aportando ideas, comentarios, cotilleos...e todo aquilo que desexedes compartir connosco. Nós, dende aquí, iremos amosando tódalas novidades da escola para que non vos perdades detalle do que acontece. Queremos construir este blogue entre todos, así que para comezar: De que cor vos gustaría que fose o Blogue do cole?? Votade a opción que máis vos guste na primeira enquisa do noso blogue. Esperamos as vosas suxerencias!! Unha aperta, O CEIP Ponte do Porto
Outubro 2010 Desde o CEIP Ponte do Porto, dámosvos a benvida a un novo curso cheo de actividades que compartiremos, ao igual que o ano pasado, neste blogue. Empezaremos coa celebración do Samaín/Halloween. Esta foi a semana que tanto estábades esperando, a semana na que recibíchedes unha invitación para visitar a nosa famosa " Aula do Medo ", para a cal preparáchedes unha morea de adornos e de cabazas que metían medo. Querémosvos dar as grazas a todos pola vosa colaboración. Agora botade un ollo a estas imaxes nas que podedes lembrar o medo que pasamos, ou non? Non olvidedes deixarnos algún comentario. E se queredes pasar medo, atrevédevos a entrar nas seguintes páxinas: http://gatiosramndelasagra.blogspot.com/2010/10/puzle-samain.html http://www.halloween.com/ http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf http://www.happymeal.es/#/Jugamos http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/?q=node/134 http://gl.wikipedia.org/wiki/SamaÃn http://abcteach.com/directory/seas...
Moitos parabéns para os meus pequerrechos. Unha aperta moi, pero que moi forte!!
ResponderEliminar