Estimadas familias, o novo equipo directivo formado pola directora Bibiana Ortiz, o xefe de estudos Pablo López e a secretaria Mari Lema, así como todo o claustro queremos darvos a benvida ao novo curso académico 2020-2021. Estando a piques de comezar este novo curso nunha situación excepcional non vivida ata o momento, dende o CEIP Plurilingüe Ponte do Porto queremos transmitirlles tranquilidade e informarlles que xa levamos tempo traballando para tratar de dar resposta á organización, prevención e medidas necesarias para dar comezo o curso escolar nas mellores condicións. Nas próximas xornadas, publicarase o calendario de reunións así como outra documentación de interese para a comunidade educativa en torno á adaptación da actividade ó novo escenario actual. Lémbrase a importancia de que as familias descarguen a aplicación Abalar Móbil xa que xunto con esta páxina e a web do centro , serán os medios de información básicos que se empregarán. Poden tamén poñerse en contacto co