Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

O TRIMESTRE DOS ANIMAIS

Imagen
No corredor da planta baixa xa podedes ver os traballos feitos polos nenos e nenas do cole sobre os animais da zona, non deixeides de velos porque merecen a pena de verdade. Algunhas fotos tamén volas deixamos aquí, mirade! Os rapaces de 5º e 6º investigaron o ecosistema galego Ollade este moucho, que riquiño! Os nenos traballaron moito sobre as curuxas! Os nenos do 2º ciclo traballaron arreo sobre os animais diurnos Os nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria centráronse nos animais acuáticos... dos nosos ríos... da nosa ría... e do noso mar! Pero para obter este fantástico resultado os rapaces e rapazas do cole traballaron moitísimo, por exemplo, aquí vedes aos alumnos e alumnas de primeiro. Velaquí Ángel, facendo unha lura Tan traballadoriños sodes nenos! Lara e Laura fixéron uns peixes moi xeitosos! Isabella e Brais pasárono A MAR

O trimestre dos Animais

Imagen
Pola nosa terriña temos moita sorte xa que contamos cunha gran variedade de animais salvaxes! E por iso, este trimestre quixemos adicarllo á Fauna do noso entorno. Estos días estamos a ver murais de animais moi bonitiños polos corredores do cole, non si? Pois en nada subiremos as fotos. Mentres tanto,ofrecémosvos un pequeno adelanto un pouco "animal" Nesta presentación veredes algúns animais que de seguro xa coñecedes! Pero...sabedes coma se chaman? Dentro duns días poderedes comprobar os seus nomes! Mentres tanto... a investigar! Unha aperta "moi animal" para tod@s! ................................................................................................................ Ola amiguiños: Aquí tedes os nomes dos animais. Botade unha ollada, a ver se acertáchedes!

Día da Muller

Imagen
Benquerid@s nen@s: Hoxe é un día moi especial para todos, e en especial para tod@s! O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. É unha ocasión para reflexionar sobre a situación da Muller no mundo. Polo que xe sabedes nenos: Hoxe hai que lembrarse de felicitar a Mamá, a avoa, a tía, a curmá...que traballan arreo polo voso futuro. O equipo de mestres do cole aproveita para felicitar ás nosas lectoras do blogue. Feliz día a tod@s!