Entradas

Mostrando entradas de 2012

Feliz aniversario!!

Imagen
Parabéns ao noso compañeiro Jesús Ramos  que esta semana estivo de aniversario e para celebralo que mellor que deste xeito, xunto coa familia, amig@s e compañeir@s !! Felicidades e os mellores parabéns!

O TRIMESTRE DOS ANIMAIS

Imagen
No corredor da planta baixa xa podedes ver os traballos feitos polos nenos e nenas do cole sobre os animais da zona, non deixeides de velos porque merecen a pena de verdade. Algunhas fotos tamén volas deixamos aquí, mirade! Os rapaces de 5º e 6º investigaron o ecosistema galego Ollade este moucho, que riquiño! Os nenos traballaron moito sobre as curuxas! Os nenos do 2º ciclo traballaron arreo sobre os animais diurnos Os nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria centráronse nos animais acuáticos... dos nosos ríos... da nosa ría... e do noso mar! Pero para obter este fantástico resultado os rapaces e rapazas do cole traballaron moitísimo, por exemplo, aquí vedes aos alumnos e alumnas de primeiro. Velaquí Ángel, facendo unha lura Tan traballadoriños sodes nenos! Lara e Laura fixéron uns peixes moi xeitosos! Isabella e Brais pasárono A MAR

O trimestre dos Animais

Imagen
Pola nosa terriña temos moita sorte xa que contamos cunha gran variedade de animais salvaxes! E por iso, este trimestre quixemos adicarllo á Fauna do noso entorno. Estos días estamos a ver murais de animais moi bonitiños polos corredores do cole, non si? Pois en nada subiremos as fotos. Mentres tanto,ofrecémosvos un pequeno adelanto un pouco "animal" Nesta presentación veredes algúns animais que de seguro xa coñecedes! Pero...sabedes coma se chaman? Dentro duns días poderedes comprobar os seus nomes! Mentres tanto... a investigar! Unha aperta "moi animal" para tod@s! ................................................................................................................ Ola amiguiños: Aquí tedes os nomes dos animais. Botade unha ollada, a ver se acertáchedes!

Día da Muller

Imagen
Benquerid@s nen@s: Hoxe é un día moi especial para todos, e en especial para tod@s! O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. É unha ocasión para reflexionar sobre a situación da Muller no mundo. Polo que xe sabedes nenos: Hoxe hai que lembrarse de felicitar a Mamá, a avoa, a tía, a curmá...que traballan arreo polo voso futuro. O equipo de mestres do cole aproveita para felicitar ás nosas lectoras do blogue. Feliz día a tod@s!

Un pouquiño máis sobre o entroido!!!!!!!!!!

Imagen
Bueno rapaces, como o prometido é débeda...aquí tendes unhas fotiños máis sobre o gran entroido deste ano... Aquí temos aos de 3º coas profes..... Os de infantil ían ben guapos de primavera non creedes??? Velaquí os de 6ºA e B... E como non os de 5º... E mirade estas rapazas de 3º...que ben o estaban a pasar a que si??? E como non, eses postres tan saborosos...que ben feitiños que estaban verdade???? Aquí temos algúns deles.......

24 DE FEBREIRO:DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
Benqueridos lectores: Xiana quere contarvos que hoxe é unha data moi especial: Cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a gran figura da poesía galega. Lembrades algún poema seu? Hoxe é un bó día para recitar e ler algunha das súas obras. Aquí tedes un dos máis coñecidos.

O Entroido no cole!

Imagen
Entroido no cole! Disfrazámonos? O venres todos os nenos do cole se disfrazaron, ollade para os de 1º coa profe Carme! Noa, Ángel, Laura, María, Andrés, Andrea, Isabella, Iván e Marta estaban moi riquiños !!! Os nenos de 3º e 4º fixeron un mural moi apetitoso... Cheo de receitas de postres típicos do Entroido! Unha filloíña? Alba, Anxo, Álvaro , Ari e Israel daban moiiiito medo!!!!! A que salen moi ben? O Meco eche moi moderno! A que lle senta ben o pelo vermello? :)) O Xoves o Meco estaba moi gracioso coa sua vestimenta, hahaha! Nos vindeiros días subiremos mais fotos coas actividades que fixemos no cole; mentres tanto... A disfrutar do Entroido!!!!!!!!!