Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2011

A Consejería de Murcia fala de nos

A Consejería de Murcia faise eco do noso acto na súa páxina web. http://www.educarm.es/verNoticia.php?n=4676&aplicacion=NOTICIAS&zona=PROFESORES&menuSeleccionado=

Dende O CEIP Ponte do Porto para o pobo de Lorca

Aquí os deixo o vídeo de apoio ao maravilloso pobo de Lorca. Tamén o podedes ver: http://www.youtube.com/watch?v=c04Sdle2_vI ¡¡¡¡MOITO ÁNIMO LORCA!!!!

6º DESPÍDESE

Imagen

Saimos na prensa

A voz de Galicia sacou o día 21 de Maio a noticia do acto que fixemos: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/05/21/0003_201105C21C10993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

SOLIDARIDAD CON LORCA

Dende o CEIP Ponte do Porto quixemos apoiar ao pobo de Lorca nuns momentos tan difíciles coma os que están pasando. No seguinte video poderes ver todo o que fixemos: http://www.youtube.com/watch?v=c04Sdle2_vI
Imagen
Blogueiros e blogueiras... o pasado venres 14 de Maio celebramos o día das Letras Galegas no cole. Este ano estivo adicado a Lois Pereiro . Aquí vemos un fermoso mural feito polos alumnos e alumnas de 6º. Mirade que artistas tan bos temos neste último curso.........eso sí, pero coa axuda dos mestres. Para coñecer un pouco máis a súa vida e obra espuxéronse polos corredores do cole murais que foron vendo os nenos e nenas durante o día da celebración.Aquí vemos a vida de Lois Pereira alá polo ano 1978, observade como len estas nenas de 3º. Outra actividade que fixemos ese día foi elaborar por cursos poemas para posteriormente recitalos. Aquì vemos os pequerrechos recitando o seu poema, que por certo, o fixeron moi ben! Para onde mirarán estes cativos? Será para a profe Alejandra que está aí ao lado "chivándolles" o poema? Os maiores tamén recitaron os seus poemas. Velaquí vai algunha fotiño... Aquí temos os poetas de 2º ben concentrados en tan difícil tarefa!!! Os nenos e nenas

CONTOCHE UNHA LENDA?

Imagen
Ola amigos, amigas, visitantes do blogue..., os nenos e nenas de 4º B queremos axudarvos a lembrar a actividade que fixemos no cole para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como saberedes foi o 23 de abril. Pois ben, nós, da Semana do 26 ao 28 de abril tivemos a oportunidade de coñecer vellas e coñecidas lendas, contos ou historias da zona ou lugar no que vivimos grazas a actividade titulada CONTOCHE UNHA LENDA? Aquí temos os traballos que fixemos coa axuda dos nosos mestres e mestras. Comezamos coa exposición dos nenos e nenas de Educación Infantil. Velaquí está o grupo de 3 e 4 anos presentando as lendas: "O cocón" e "O home do saco". Os seus/súas compañeiras de 5 anos fixeron unha versión da historia "O tío Lelo e o castrón". Mirade que concentrados estaban na exposición... E os nenos/as de Educación Primaria que traerían? Imos comezar cos cativos/as de 1º que elixiron dúas preciosas historias con aire mariñeiro: "O naufraxio dos botes" e "A gai