Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011
Imagen

Semana da poesía

Imagen
SEMANA DA POESÍA Que palabras tan fermosas ! Como chegan ao corazón ! En barco ou en bolboreta , polo ceo ou polo mar , veñen coa primavera miles de palabras cheas de sentimento que nos enchen de felicidade . Seguro que aínda quedan algunhas por escribir,por dicir, por pintar... Pero, que mellor ca unha poesía para que nos emocionen? Aquí tendes algunhas páxinas e blogues que vos poden axudar a coñecer poesía: http://agteijeiro.blogspot.com/ http://cabrafanada.blogspot.com/ http://www.ourizoazul.org/ http://orellapendella.org/ http://poemasparapeques.blogspot.com/

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola lectores e lectoras! Quero contar algo que ocurriu no noso cole o pasado luns, 28 de marzo. Alá a tardiña, na aula que está ao lado da biblioteca, escoitei falas e ata aplausos. Así que, deixei a miña sesta para outro momento, e fun ver o que pasaba. E alí estaba o autor e ilustrador dos libros A pedra e as formigas e Mil cousas poden pasar. Estaba a contar cousas dos seus libros e contestou a moitas preguntas dos rapaces de 3º, 4º e 5º. Era Jacobo Fernández. Todos quedaron pampos cando se puxo a debuxar. Que ben! Aínda que dixo que para facer eses debuxos e escribir historias marabillosas... hai que traballar moito e adicarlle tempo. Ánimo e practicade moito, quen sabe se entre vós hai un futuro escritor ou ilustrador! Sabedes que? Dixo que lle tiña alerxia aos gatos. Menos mal que non me viu!