Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

HAPPY VALENTINE´S DAY!!

Imagen
Ola "valentins" e "valentinas"! O luns 14 de febreiro, celebramos o San Valentín na clase de inglés. Preparamos unhas "cards"moi ben coloreadas e decoradas para desexarlles un feliz San Valentín a todos os/as compañeiros/as, e nun día tan especial non podían faltar as "lollipops" con forma de corazón para facer máis doces aínda as mensaxes de cariño e amizade, e algunhas tamén moi divertidas, que cada neno/a escribiu. Houbo ata quen se puxo colorado/a coma un corazón de San Valentín ao recibir a postal, mirade as fotos e comprobarédelo... En fin, pasámolo moi ben e puxemos olliños de namorados/as para sair na foto. Atinaría Cupido cos seus frechazos? se sabedes algo non dubides en compatir con todos/as o voso comentario. Biquiños para todos/as.
Imagen
O día daz fixemos moitas cousas no Ceip Ponte do Porto: Soltamos a voar "Os globos da paz" Nestes globos estaban escritos todos os desexos de paz dos nenos e nenas do colexio de Ponte do porto. os pasos que seguimos foron os seguintes: 1º Cada neno e nena meteu o seu desexo relacionado ca paz na caixiña que ía a ir amarrada os globos. 2º. Estes son os globos, que voaron moi alto, que leveban os bonitos desexos de paz dos nenos e nenas do Ceip Ponte do porto. Colgamos os corazóns Cada un destes corazóns levaba escrito o lema elexido por cada clase co tema da paz. Os colgamos nunha árbore do centro e leemos con todos os nenos e nenas todos os lemas que eles e elas mesmos escribirán nas súas clases cos seus profes. Xogamos cas buxainas Despois de soltar os globos da paz e de colgar os corazóns na árbore fomos para o patio a xogar cas buxainas da paz. Xogaron coas buxainas que eles e elas mesmas decoraron de xeito moi bonito e orixinal. ISTO FOI TODO O QUE FIXEMOS NO