Como ben sabedes, no noso cole estamos no "Trimestre dos Xogos Populares", e todos os nenos fixemos un traballo de investigación e recopilación preguntando os nosos avós, pais e veciños, a que xogaban cando eran pequenos, para nós poder levalos a práctica nos nosos tempos de lecer. Así, cada alumn@ levamos para a nosa casa unha ficha e preguntándolles aos maiores, cubrímola co xogo que máis nos gustou. Despois, na nosa clase e cos nosos profes xuntámolos todos, eliximos uns poucos e elaboramos un mural no que explicamos estes xogos e os acompañamos cunha ilustración. Velaquí o mural final cos nosos xogos: E agora vexamos o mural de cada curso cos seus xogos: Educación Infantil: aula de 3 e 4 anos e aula de 5 anos Xogos no espazo: O Dragón e a Varita Máxica 2º curso de Educación Primaria Xogos no espazo: Balón Prisioneiro 3º curso de Educación Primaria Xogos no chan: A Mariola 4º B de Educación Primaria Xogos de Chapas: O Lanzachapas, O Tres en raia, O Chapatazas e as Carrei