Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

O recuncho de Xiana

Imagen
Ola, Ola, Olaaaaaa!!! " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Ese era o título. A que case todos e todas o liches? Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo? Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org É unha páxina: para compartir, para rir, para aprender, para xogar, para disfrutar... Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando... Unha gata singular á biblioteca chegou. .................................. Saudiños. Xiana

CHEGOU O ENTROIDO

Imagen
Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou. Os primeiros en desfilar, que veñen de cociñeiros, son os peques da escola porque son moi larpeiros. Aquí chegan os de 1º e 2º, veñen de mariñeiros son rapaces e rapazas moi salgados/as pero un pouco barulleiros. Se tedes unha avaría non dudedes en chamar os mecánicos de 3º que vola poden arranxar. Se precisades un retrato os pintores de 4º volo farán moi barato. Para limpar os regos os rapaces e rapazas de 5º somos os mellores labregos. Se queredes bo pan, os panadeiros de 6º axiña volo farán. As profes tamén se disfrazaron, velaquí vemos o ben que o pasaron. Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de

HAPPY VALENTINE'S DAY

Imagen
Ola a todos e todas! O xoves e venres pasados San Valentín chegou ao noso cole en forma de piruleta de corazón!Na clase de inglés fixemos tarxetas para felicitarlle o San Valentín aos compañeiros e compañeiras e, cando chegou o día da celebración...que nervios collendo a tarxeta cos ollos pechados!!Quen me tocará?? Despois, todos puxemos a nosa mellor "cara de namorado" para saír ben guapos na foto. Mirádenos ben, quen vos parece que o fixo mellor? Quen é o que parece máis namorado? Esperamos as vosas opinións. Deica a próxima!! NAMORADOS/AS DE 4 ANOS NAMORADOS/AS DE 2º NAMORADOS/AS DE 3º A NAMORADOS/AS DE 3ºB NAMORADOS/AS DE 4º A NAMORADOS/AS DE 4ºB NAMORADOS/AS DE 5º NAMORADOS/AS DE 6º